Aberta a matrícula para o Obradoiro de Ricardo Orts: Ferramentas de IA para a Arquitectura: Fluxos de Traballo Avanzados para a Creación de Imaxes e Vídeo.

4 Xul 2025

Atópase aberto o prazo para a matrícula anticipada no obradoiro dirixido por Ricardo Orts co nome Ferramentas de IA para a Arquitectura: Workflows Avanzados para a Creación de Imaxes e Vídeo.

Este obradoiro será presencial en Santiago de Compostela os días xoves 2 e venres 3 de outubro en horario de 10:00-14:00 e 15:30-19:30. Na sede do COAG, Praza da Quintana, 1, 3º, Santiago de Compostela.

O arquitecto e artista dixital, Ricardo Orts, ensinaranos a empregar a intelixencia artificial para a creación de imaxes e vídeo, nun obradoiro práctico presencial, no que coñeceremos novas ferramentas e metodoloxías para aplicar a IA no noso traballo diario.
Dando continuidade á charla ofrecida no #COAGconta do 7 de maio, podedes acceder á gravación na seguinte ligazón:

[Gravación: Ferramentas de IA para a Arquitectura: Creación de Imaxes e Vídeo]

Obradoiro_Ferramentas de IA para a Arquitectura: Workflows Avanzados para a Creación de Imaxes e Vídeo:

[+ matriculación e programa completo do curso]

Ademais dos descontos habituais a colexiados, e subscritos á formación ou estudantes, está previsto un desconto importante do 28% para a matrícula anticipada. O prazo de matrícula anticipada pecharase o 5 de setembro ás 23:59.

(*) Para optar pola modalidade de “colexiado/a subscrito/a á formación”, os colexiados/as deberán estar subscritos ao servizo de formación no momento no que se formalice a matrícula. Os colexiados que non esteades subscritos ao servizo de formación no 2024, podedes solicitalo facendo unha nova consulta na seguinte ligazón.

Máis información e consultas:
Para formular consultas respecto deste curso, podes dirixirche a nós a través de:

  • Colexiados/as: mediante o apartado “Realizar consultas”, sección de Formación, do panel de servizos do COAG, na seguinte LIGAZÓN
  • Non colexiados/as: a través do enderezo de correo electrónico formacion@colexiodearquitectos.org

Advertencia
A celebración do curso está condicionada á consecución dun número mínimo de alumnos/as matriculados/as para garantir a súa viabilidade. En caso contrario, comunicarase a cancelación do curso e o COAG procederá á devolución dos importes abonados.

Compartir