Fichas de “Afeccións e limitacións de dominio segundo a lexislación sectorial e autonómica de Galicia”
Estas fichas recollen a complexa normativa sectorial, tanto autonómica como estatal, que os técnicos relacionados co sector da Edificación e da Planificación Urbanística, profesionais libres e técnicos municipais da Administración deben afrontar diariamente no desempeño do seu traballo.
As fichas compóñense dunha parte gráfica e da lexislación técnica e urbanística na que se fundamenta, e que se inclúe de forma sintetizada no seu marxe dereito. Na representación gráfica delimítanse os espazos e distancias marcadas pola normativa de aplicación, priorizando a súa comprensión mediante o emprego da cor pero tamén incorporando o uso de abreviaturas, de forma que o seu uso sexa posible por persoas daltónicas.
Esta labor analítica e de síntese deu como resultado un conxunto de 40 fichas, que se complementan cun Anexo onde se pode consultar o articulado completo e literal da normativa utilizada nelas.
As fichas preséntanse en dous formatos, para facilitar o seu manexo por parte dos profesionais aos que van destinadas. O formato web está ideado para a súa consulta mediante medios dixitais, e desde o seu índice é posible acceder directamente a cada unha das fichas, ademais de conter unha serie de ligazóns web de interese. Pola súa parte, o formato imprimible está pensado para o seu manexo físico e presenta unha estética menos colorida, para favorecer o aforro durante a impresión.
Acceso/descarga das fichas
Formato Web
Formato Impresión