Na páxina web do Poder Xudicial infórmase que a Sección Quinta da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo declarou a nulidade do acordo do Pleno Municipal do Concello de Ferrol, de data 16 de decembro de 2015, polo que se aprobou definitivamente o Plan Especial de Protección e Rehabilitación do Barrio de Ferrol Vello.
Pode consultarse a noticia completa do Poder Xudicial na seguinte ligazón
Aínda descoñecemos o contido íntegro da sentenza que está pendente de publicación.
Dado o interese para a profesión, o COAG a través da súa Delegación en Ferrol e a súa Xunta Directiva, está en contacto permanente co concello de Ferrol ao obxecto de clarificar cal será a situación transitoria tras esta sentenza e ata que se aprobe novamente un Plan Especial.
Calquera novidade destacable en relación a esta cuestión será informada oportunamente.