Encontro Nadal 2023 [Proxectos fin de carreira/primeiras obras + presentación vídeo Delegación de Ferrol. 50 anos COAG]

15 Dec 2023

Como é tradicional nestas datas, o próximo xoves día 21 de decembro, ás 19.00 horas, a Delegación de Ferrol do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia organiza o seu encontro de Nadal.

Nesta xornada titulada [PROXECTOS FIN DE CARRERA/PRIMEIRAS OBRAS + PRESENTACIÓN VÍDEO DELEGACIÓN DE FERROL. 50 ANOS COAG] queremos compartir os proxectos fin de carreira e as primeiras obras realizadas polos novos colexiados da Delegación. Para iso contaremos coas intervencións dos nosos compañeiros Sara Sánchez González, Marta Sicre Maside e Francisco Pérez Rodríguez, que nos falarán dos seus traballos realizados.

Así mesmo, e con motivo dos 50 anos do COAG, desde a Delegación estamos a preparar un vídeo de entrevistas a diferentes compañeiros, co fin de obter un documento que resuma e conserve a nosa memoria colectiva destes últimos 50 anos. Nesta xornada presentaremos a primeira parte deste documento audiovisual.

A xornada finalizará cun aperitivo de Nadal e coa entrega a cada colexiado dun agasallo.

O encontro se levará a cabo na Sala de Exposicións da Delegación (Avenida de Esteiro 129, baixo).

A asistencia é libre e gratuíta. Con todo, para unha correcta organización da xornada, para asistir é recomendable a inscrición a través da seguinte LIGAZÓN.

Compartir