A Xunta Directiva da Delegación de Ferrol está a organizar unha comida de entroido para o vindeiro venres día 1 de marzo, ás 15.00 horas, no restaurante do Hotel Almirante (rúa María 1) coa intención de xuntarnos, compartir experiencias, anécdotas e sobre todo pasalo ben.
Menú:
- Sopa de cocido
- Cocido completo: lacón, costela, orella, rabo, touciño, chourizos, garavanzos, grelos e patacas
- Filloas e orellas de Entroido
- Cafés e licores
- Bodega a cargo do sumiller
Importe: 27€ / persoa. Se admiten acompañantes non colexiados.
Data límite de inscrición: 26 de febreiro ás 23:59 h.
Para asistir á mesma é precisa a inscrición, a través do seguinte ENLACE.
Esperando verte, recibe un cordial saúdo,
A Xunta Directiva da Delegación de Ferrol.