//Ciclo de conferencias //Ao Norte

8 Nov 2022

O vindeiro día 17 de novembro, ás 19.00 horas, iniciamos a 1ª edición do //CICLO DE CONFERENCIAS //AL NORTE, que organiza a Delegación de Ferrol do COAG. Neste ciclo de conferencias queremos compartir o traballo que están a realizar os nosos compañeiros ao longo da nosa xeografía, analizando distintos proxectos de diversas escalas de actuación. Contaremos nesta edición coa participación de PLP Atelier, VLD Arquitectos, María Fandiño e Ansede Quintáns Arquitectos. As conferencias levaranse a cabo na Sala de Exposicións da Delegación (Avenida de Esteiro 129, baixo).

Esta primeira conferencia centrarase na rehabilitación, tanto en contorna urbana como rural. Contaremos para iso coa intervención de PLP Atelier (Ourense) e VLD Arquitectos (Ferrol), que nos falarán dos seus proxectos Casa Castromao e Vivenda Mudelos, e de Carmen Curuxeiras 20 e Pena de Embade respectivamente. Ao finalizar a conferencia levarase a cabo un coloquio, finalizando a xornada cun viño español que permita continuar a charla.

A asistencia é gratuita, sendo necesaria a inscrición no seguinte ENLACE.

Compartir