//CICLO DE CONFERENCIAS //AL NORTE //RVR Arquitectos

11 Mar 2024

O xoves día 21 de marzo, ás 19.00 horas, continuamos coa 2ª edición do //CICLO DE CONFERENCIAS //AL NORTE, que organiza a Delegación de Ferrol do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia.

 
Nesta segunda conferencia contaremos coa intevención dos nosos compañeiros RVR Arquitectos (Alberto Redondo Porto, José Valladares Durán e Marcial Rodríguez Rodríguez). Ao finalizar a conferencia levarase a cabo un coloquio, finalizando a xornada cun aperitivo que permita continuar a charla.
A conferencia levarase a cabo na Sala de Exposicións da Delegación (Avenida de Esteiro 129, baixo).
A asistencia é libre e gratuíta. Con todo, para unha correcta organización da xornada, para asistir é recomendable a inscrición a través da seguinte ligazón: https://www.coag.es/charlas/info.asp?id_charla_p=1063 

Compartir