Exercicio da profesión

A profesión da arquitectura evolucionou nos últimos anos, así como o mercado de traballo e os ámbitos de aplicación dos coñecementos propios dun profesional da arquitectura. Hoxe en día o arquitecto ten un amplo horizonte de posibilidades para exercer a profesión e, en consecuencia, poden darse distintas formas de regular a situación profesional no marco da lexislación laboral vixente.

Nesta sección faise una introdución ás posibles situacións laborais coas que pode atoparse un arquitecto á hora de plantexarse o exercicio da profesión, xa sexa por conta propia (Profesional Independente) ou por conta doutra persoa ou entidade (Traballador por conta allea ou Profesional Autónomo Dependente), así como un breve resumen das modalidades de constitución dunha empresa (Sociedades) para a opción do auto emprego ou o exercicio da profesión en colaboración con outros profesionais ou axentes.

Por outra parte, ofrécese información acerca  de  bolsas de formación, a través das cales se permite a persoas recen tituladas ou estudantes en prácticas ter un primeiro contacto co exercicio da profesión.

Por último, inclúese información a ter en conta para o exercicio da profesión no estranxeiro.

 

Profesional Independente

O Profesional Independente ou Autónomo é una persoa física que realiza en nome propio unha actividade comercial, industrial ou profesional, por conta propia  dersoal e directa, a título lucrativo por cuenta propia e fora do ámbito da organización e dirección de outra persoa física ou xurídica, non estando suxeito na súa regulación á lexislación laboral.
Nos Traballadores Autónomos concurre a dobre circunstancia de ser traballadores por conta propia e empresarios, con posibilidade de contratar, á súa vez, a traballadores por conta propia e a traballadores por conta allea. Neste último caso, a relación estará suxeita a lexislación laboral vixente.

Máis información:

O Profesional Independente

Páxina web da Seguridade Social

 

Profesional Dependente

O Profesional Dependente ou Autonomo Económicamente Dependente é unha figura específica dentro do réximen de traballdores autónomos, que se caracteríza por realizar a maior parte da súa actividade e prestación de servizos para un único cliente, persoa física ou xurídica. Esta figura conta cun réxime xurídico propio e diferenciado do Traballador Autónomo, no que se establecen con detalle a súa regulación e as súas características específicas.

Máis informacion:

O Profesional Dependente

Modelo de contrato

Real Decreto 197/2009

Páxina web da Seguridade Social

 

Traballador por conta allea

O traballador por conta allea é a persoa física que, voluntaria e persoalmente, se obriga a realizar, ou efectivamente realiza, unha actividade retribuida por conta e baixo a dependencia allea. A relación laboral regulase no Estatuto dos Traballadores e, no seu caso, no Convenio Colectivo de aplicación.

A relación entre traballador e empresario se concreta en un contrato de traballo, que, en definitiva, é o marco legal que establece as características da vinculación entre empresario e traballador, polo que éste se obliga a prestar determinados servizos por conta do empresario e baixo a súa dirección, a cambio dunha retribución.

En todo caso, o empresario ou contratante asume as obrigas previstas na lexislación laboral e será responsable de informar ás entidades públicas da situación contractual (alta, baixa, baixa médica, etc.), así como de realizar os ingresos correspondentes ás cuotas sociales á Seguridade Social e retencións a conta (IRPF) á Axencia Tributaria, segundo corresponda. Ademais, o empresario debe vixiar pola saúde e a prevención de riscos no posto de traballo, segundo as obrigas establecidas pola la Ley de Prevención de Riscos Laborais.

Máis información:

Servizo Público de Emprego Estatal

 

Sociedades

Na creación dunha empresa ou unidade organizativa para a xestión da actividade profesional, a persoa ou persoas que se asocian teñen que adoptar unha das formas xurídicas previstas legalmente para dita actividade. A elección de un ou outro tipo de sociedade ten unha gran importancia dadas as consecuencias xurídicas que dela se derivan, é dicir, cada modalidade implica unha serie de vantaxes e inconvintes que se deben valorar en relación co proxecto que se pretende materializar.

Para avaliar a fondo esta cuestión é necesario reunir toda a información sobre a actividade que se quere realizar, a composición dos socios e o equipo de traballo, o mercado ao que se dirixe o produto ou servizo que se ofrece, o proxecto de futuro, etc. Con estos datos, pódese realizar un estudio para determinar o modelo societario que mellor se adapta e vantaxes ofrece.

O exercicio da actividade no ámbito da arquitectura constituese con frecuencia nunha das formas máis comúns neste país, a Sociedade Limitada, e en concreto neste ámbito a Sociedade Profesional, que se analiza de forma específica.

Máis información:

Elección da forma xurídica

A Sociedade Profesional

A Lei de Sociedades Profesionales

Modelo de Estatutos dunha Sociedade Limitada Profesional

 

Bolsas de formación

Actualmente existen diferentes modalidades de bolsas de formación ás que poden acceder os Titulados sen experiencia ou estudantes para, a través de éstos, incorporarse ao mundo laboral e obter experiencia na súa profesión. Neste sentido, en Galicia pódese acceder a programas de formación profesional para estuciantes ou titulados á través de entidades como FEUGA – Fundación Empresa Universidade Galega, FUAC – Fundación Universidade de A Coruña e o Consello Social da Universidade de Santiago, neste último caso incluso para prácticas no estranxeiro a través do programa ‘Europracticum’.

As BECAS FARO e as BECAS ARGO GLOBAL son programas de movilidade para a formación complementaria no extranxeiro de titulados universitarios.

En relación á regulación legal de ditos programas formativos, o 27 de outubro de 2011 publicouse no Boletín Oficial do Estado o Real Decreto 1493/2011 que establece a obrigatoriedade de inclusión das persoas que participen en programas de formaicón (Becas de formación ou Prácticas para estudantes) en empresas, organismos ou entidades, no Réxime Xeral da Seguridade Social, como asimilados aos traballadores por conta allea.

Para o colectivo de arqutiectos que realizan ou realizaron un progama formativo nunha empresa ou entidade pública ou privada, esto significa unha mellora sustancial das súas condicións ao ser considerada esta situación como asimilada á alta dun traballador por conta allea (ten os mesmos efectos), incluíndoos no Réxime Xeral da Seguridade Social a efectos de cotización por enfermidade ou accidentes profesionais, ademáis de poder sumar estos períodos formativos como tempo de cotización a efectos de xubilación, segundo a lexislación actual vixente.

Para os empresarios, estudios de arqutiectura, Sociedades Profesionais, etc., que acollan a becarios con programas de formación, a regulación de esta situación obligalles a efectuar unha cotización á seguridade social polo período que realizan a beca ou prácticas en empresa. Este novo marco normativo establece que o empresario obligado é aquel que se realiza la compensación económica ao becario ou estudante en prácticas. No caso das becas a través de FEUGA ou FUAC, serán éstas entidades as que asuman as obrigas legais que se establecen.

Máis información:

Páxina WEB da Seguridade Social

 

Exercicio no estranxeiro

A opción de buscar emprego fora de España é unha alternativa cada vez máis considerada por aquelas persoas que buscan emprego. A continuación ofrécense algunhas pautas e referencias que poden axudar á hora de plantexarse a opción e iniciar a busqueda de información. O Consello Superior de Colegios de Arquitectos de España ofrece información específica acerca da estancia no estranxeiro que pode ser de gran interese para o profesional da arquitectura, a través de seu portal corporativo y co acceso á sección da páxina web de la UIA que conten información relacionada co exercicio da profesión por países.

Ademais, débense avaliar todos os factores que condicionarán a estancia noutros países: idioma, cultura, taxa de desemprego, perfil profesional demandado, homologación de titulacións, etc. A páxina web de EURES, o portal europeo de mobilidade profesional, ofrece todo tipo de información sobre ofertas de traballo e as condicións de vida en distintos países. Na mesma liña, pero de iniciativa privada, son outras páxinas especializadas para expatriados como Just Landed, Mundo Expat o Easy Expat, que ofrecen axuda para a busqueda de aloxamento, etc.

Outro dato imprescindible é coñecer qué documentación se necesita para poder traballar nun país. Neste sentido, en primero lugar hai que ter a identificación persoal en regla e en vigor: DNI no caso de viaxar a Europa e Pasaporte se o destino está fora das fronteiras comunitarias, así como a tarxeta sanitaria europea (tríptico informativo),de tratarse de un país europeo. A partir de ahí, os requisitos varían sustancialmente dun lugar a outro e, en termos xerais, esixiráse ter  visados e permisos de residencia e traballo que deben xestionarse antes de viaxar na mayoría dos casos. O Ministerio de Empleo y Seguridad Social ofrece información a través das consejerías no exterior. Pinchando en cada país accédese a diversa información relevante para instalarse nél.