Praza de Técnico/a superior de edificación e obras da Deputación de Lugo

8 Feb 2019

No BOP-Lugo de 8 de febreiro aparece a Convocatoria e bases do proceso selectivo para prover unha praza de Técnico/a superior de edificación es obras, polo sistema de concurso-oposición, na Deputación de Lugo.

Entre as titulacións requiridas, atópase a de Graduado en Arquitectura.

Pode accederse á publicación a través deste ENLACE.

Por último, infórmase que, conforme ao acordo adoptado pola Xunta de Goberno na súa sesión 11/2016 do 1 de setembro, o criterio colexial en relación con convocatorias públicas de ofertas de emprego, concursos ou de calquera outro tipo, será o de difundir entre os colexiados aquelas nas que, estando admitidos os Arquitectos para participar, considérense de especial interese, con independencia de que o Colexio proceda a revisar os termos da convocatoria concreta, coa finalidade de interpoñer recursos ou realizar todas as xestións que considere oportunas para impugnar ou manifestar a súa desconformidade co contido das mesmas.

Compartir