No BOE de 15 de maio publícase a Resolución de 2 de maio de 2025, do Concello de Santiago de Compostela (A Coruña), referente á convocatoria para proveer postos de traballo polo sistema de libre designación. Este anuncio inicia o prazo de presentación de solicitudes, que será de quince días hábiles a contar desde o seguinte ao desta publicación.
No BOP-A Coruña de 11 de abril, publícase o anuncio do Concello de Santiago coas Bases para a provisión, polo sistema de libre designación, de diversos postos de xefatura de servizo, nas que se inclúen tres de Urbanismo e a de Obras e Proxectos, que están abertas a arquitectxs funcionarixs, por libre designación.