Consellería de Facenda e Administración Pública – Prazas de arquitecto/a

22 Dec 2021

No DOG de 17 de decembro se publica a RESOLUCIÓN do 16 de decembro de 2021 pola que se convoca o proceso selectivo de acceso libre para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala, entre outras, de arquitectos.

Da escala de arquitectos, figuran 12 prazas en acceso libre, unha praza en quenda de discapacidade e 4 prazas de promoción interna.

O prazo para presentar as solicitudes será de vinte (20) días hábiles, que se contarán a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Dentro do prazo que se sinala no parágrafo anterior, as persoas aspirantes deberán presentar a súa solicitude electronicamente á Dirección Xeral da Función Pública.

Enlace ao DOG.

 

Compartir