No BOP de Lugo de 13 de xaneiro, publícase o anuncio da aprobación das bases e a convocatoria do proceso selectivo para a creación dunha bolsa de emprego na categoría de arquitecto/a no Concello de Xermade.
O prazo de presentación de solicitudes é de cinco (5) días naturais dende a publicación do anuncio no BOP.
As bases íntegras están publicadas na sede electrónica do Concello de Xermade:
https://concelloxermade.sedelectronica.es/
Por último, infórmase que, conforme ao acordo adoptado pola Xunta de Goberno na súa sesión 11/2016 de 1 de setembro, o criterio colexial en relación con convocatorias públicas de ofertas de emprego, concursos ou de calquera outro tipo, será o de difundir entre os colexiados aquelas nas que, estando admitidos os arquitectos para participar, se consideren de especial interese, con independencia de que o Colexio proceda a revisar os termos da convocatoria concreta, coa finalidade de interpoñer recursos ou realizar todas as xestións que considere oportunas para impugnar ou manifestar a súa desconformidade co contido das mesmas.