No BOP-Pontevedra de 12 de abril, aparece a convocatoria do Concello de Vilaboa para a confección dunha bolsa de emprego para a categoría de Arquitecto/a con carácter de funcionario interino.
O período de presentación de solicitudes será de sete días naturais a contar dende o seguinte ao da publicación do anuncio no BOP-Pontevedra.
Por último, infórmase que, conforme ao acordo adoptado pola Xunta de Goberno na súa sesión 11/2016 do 1 de setembro, o criterio colexial en relación con convocatorias públicas de ofertas de emprego, concursos ou de calquera outro tipo, será o de difundir entre os colexiados aquelas nas que, estando admitidos os Arquitectos para participar, considérense de especial interese, con independencia de que o Colexio proceda a revisar os termos da convocatoria concreta, coa finalidade de interpoñer recursos ou realizar todas as xestións que considere oportunas para impugnar ou manifestar a súa desconformidade co contido das mesmas.