Concello de Valdoviño – Unha praza de Arquitecto/a – Publicación no BOE

2 Dec 2020

Publicado no BOE de 8 de decembro, comezo do cómputo de prazos. No BOP-A Coruña de 1 de decembro, publícase a Convocatoria e bases para a provisión dunha praza en propiedade de arquitecto (funcionario de carreira) do Concello de Valdoviño.

As solicitudes para tomar parte neste proceso selectivo faranse mediante instancia dirixida ao señor Alcalde – Presidente, en modelo que se engade como ANEXO I. As instancias presentaranse no Rexistro Xeral do Concello (Porta do Sol s/n) durante o prazo de VINTE DÍAS NATURAIS que se iniciará o día seguinte ó da publicación do derradeiro anuncio da convocatoria no Boletín Oficial do Estado. Tamén se poderán presentar na forma que determina o artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Pública.

ENLACE AO ANUNCIO.

ENLACE AL BOE.

Por último, infórmase que, conforme ao acordo adoptado pola Xunta de Goberno na súa sesión 11/2016 do 1 de setembro, o criterio colexial en relación con convocatorias públicas de ofertas de emprego, concursos ou de calquera outro tipo, será o de difundir entre os colexiados aquelas nas que, estando admitidos os Arquitectos para participar, se consideren de especial interese, con independencia de que o Colexio proceda a revisar os termos da convocatoria concreta, coa finalidade de interpoñer recursos ou realizar todas as xestións que considere oportunas para impugnar ou manifestar a súa desconformidade co contido das mesmas.

Compartir