No BOP Pontevedra de 30 de setembro publícase o anuncio do Concello de Tomiño das Bases do proceso selectivo para a creación dunha bolsa de traballo da praza de arquitecto/a municipal polo procedemento de concurso-oposición para as coberturas transitorias deste posto.
ANUNCIO
Mediante resolución desta alcaldía de 23 de setembro de 2025, aprobáronse as bases da convocatoria do proceso selectivo para a creación dunha bolsa de traballo da praza de Arquitecto/a Municipal polo procedemento de concurso-oposición para as coberturas transitorias deste posto, motivadas por calquera das causas recollidas no art. 10.1), do R.D. lexislativo 5/2015, de 30 de outubro, sendo a categoría do posto:
Arquitecto/a, funcionario/a da administración especial, Grupo A, subgrupo A1.
Pola presente ábrese un prazo de 7 días hábiles, a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, para presentar as solicitudes e demais documentación requirida no Rexistro Xeral do Concello de Tomiño de maneira presencial, na sede electrónica tomino.sedelectronica.gal ou ben mediante calquera das formas establecidas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, todo elo de conformidade coas bases do procedemento expostas no Taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello (tomino.sedelectronica.gal).
O resto dos anuncios (listas de admitidos, lugar e data das probas, etc.) da presente convocatoria serán publicadas unicamente no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Tomiño.
A ALCALDESA, SANDRA GONZÁLEZ ÁLVAREZ
