No BOP-Pontevedra de 19 de febreiro, publícase o anuncio do Concello de Silleda coa Convocatoria procedemento de selección dun/ha técnico/a superior, mediante concurso en réxime de persoal funcionario interino para realizar funcións de ARQUITECTO/A.
Con data 07 de febreiro de 2025, por acordo da Xunta de Goberno Local, aprobáronse as Bases de selección dun/ha arquitecto/a en réxime de interinidade e creación dunha bolsa de emprego.
O período de presentación de solicitudes será de dez días hábiles a contar dende o seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra.
As bases íntegras publicaranse no taboleiro de anuncios e na sede electrónica do Concello de Silleda (https://silleda.sedelectronica.gal).