No BOE de 23 de decembro, aparece a Convocatoria para a selección de funcionario, Escala de Administración Especial, Subescala Técnica, arquitecto, para a cobertura definitiva de praza incluída na (OEP 2017), por concurso-oposición do Concello de Rianxo, o que inicia o cómputo de prazos.
Presentación de instancias.
As instancias dirixiranse ó alcalde do Concello e presentaranse no Rexistro Xeral, durante o prazo de vinte (20) días naturais contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial do Estado (BOE).