Concello de Porto do Son – Convocatoria de praza de arquitecto/a funcionario/a interino/a e formación de bolsa de traballo

19 Out 2022

No BOP A Coruña de 29 de outubro, aparece o anuncio de Aprobación das bases reguladoras e convocatoria do proceso selectivo: selección de un (1) funcionario/a interino/a do posto de Arquitecto/a, e a formación dunha bolsa de traballo para a provisión temporal de prazas da mesma natureza no Concello de Porto do Son.

O prazo para a presentación de instancias, no rexistro xeral do concello ( Atalaia, 7. CP 15970. Porto do Son), ou de xeito telemático na Sede Electrónica do Concello de Porto do Son (https://portodoson.sedeectronica.gal)ou por calquera dos procedementos que prevé o artigo 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro de 2015, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, será de DEZ (10) DÍAS NATURAIS contados desde o seguinte ao de publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia. Se o derradeiro día fose inhábil o prazo rematará ao seguinte día hábil. No caso de que se remita a documentación por correo postal ou mediante presentación no rexistro doutra Administración que careza de Sistema de Intercambio de Rexistros (SIR) deberá facelo constar mediante a remisión por mail ao Concello de Porto do Son (correo@portodoson.gal) da instancia presentada conforme ao modelo do Anexo II das presentes bases onde conste o selo coa data de presentación que deberá ser recibido antes da finalización do prazo para presentación de instancias.

ENLACE AO BOP.

Por último, infórmase que, conforme ao acordo adoptado pola Xunta de Goberno na súa sesión 11/2016 de 1 de setembro, o criterio colexial en relación con convocatorias públicas de ofertas de emprego, concursos ou de calquera outro tipo, será o de difundir entre os colexiados aquelas nas que, estando admitidos os Arquitectos para participar, se consideren de especial interese, con independencia de que o Colexio proceda a revisar os termos da convocatoria concreta, coa finalidade de interpoñer recursos ou realizar todas as xestións que considere oportunas para impugnar ou manifestar a súa desconformidade co contido das mesmas.

Compartir