No BOP-Pontevedra de 30 de marzo, publícase o anuncio do Concello de Ponteareas de apertura do prazo de presentación instancias para a confección de lista de substitución da categoría de Coordinador/a da Área de Urbanismo.
O prazo de presentación de solicitudes será de dez (10) días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra.
As bases publicaranse íntegras na páxina web municipal https://ponteareas.gal e no taboleiro de anuncios físico e electrónico municipal.
