Concello de Ortigueira – Convocatoria dunha bolsa de traballo para a provisión dun posto de arquitecto

1 Decembro 2021

No BOP A Coruña de 1 de decembro, publícanse as Bases e Convocatoria de proceso selectivo para a creación dunha bolsa de traballo para a provisión provisional de técnicos/as superiores en Arquitectura (A1) mediante o sistema de concurso-oposición.

Solicitudes
No prazo de DEZ días naturais dende o día seguinte á publicación do anuncio da convocatoria deste proceso selectivo no Boletín Oficial da Provincia, as persoas interesadas poderán presentar a súa solicitude no Rexistro electrónico do Concello (https://ortigueira.sedelectronica.es/) a través do procedemento que se estableza expresamente ou por calquera das formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas.

Enlace ao BOP.

Compartir