No BOP Lugo de 11 de xaneiro, publícase o acordo da Xunta de Goberno Local, en sesión de data 23.12.2024, prestouse aprobación as bases e convocatoria do proceso selectivo, COMO FUNCIONARIO/A INTERINO/A, DE UNHA PRAZA DE ARQUITECTO/A, PERTENECENTE Á ESCALA DE ADMINISTRACIÓN ESPECIAL, SUBESCALA TÉCNICA, CLASE SUPERIOR, POLO PROCEDEMENTO DE OPOSICIÓN LIBRE.
As persoas aspirantes que desexen tomar parte no proceso selectivo deberán facelo constar mediante solicitude, dirixida ao Sr. Alcalde – Presidente do Concello de Monforte de Lemos con arreglo ao modelo que figura na páxina web do Concello de Monforte de Lemos (www.monfortedelemos.es).
A presentación das solicitude farase no Rexistro de documentos do Concello, en horario de nove a dúas, ou en calquera dos restantes lugares previstos no artigo 16 da 39/2015 de 1 de outubro, do procedemento administrativo común, no prazo de DEZ (10) días hábiles dende o día seguinte da publicación de anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.
As bases e demais información do proceso selectivo pode ser consultadas na web municipal
(www.monfortedelemos.es).
