Concello de Moaña – Unha praza de arquitecto/a – Publicación en BOE

11 Mar 2022

Publicada no BOE de 10 de marzo a resolución do Concello de Moaña referente á convocatoria de varias prazas, o que inicia o cómputo do prazo de presentación.

No DOG de 3 de marzo aparece o ANUNCIO das bases específicas da convocatoria de prazas vacantes na oferta pública de emprego 2018 do Concello de Moaña, nas que figura unha praza de arquitecto/a.

O período de presentación de solicitudes será de vinte días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio destas bases específicas no Boletín Oficial del Estado.

As bases íntegras publicaranse no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra, no taboleiro de anuncios e na sede electrónica do Concello de Moaña: https://concellodemoana.sedelectronica.gal

ENLACE AO BOE.

ENLACE AO DOG.

 

Compartir