No BOP de A Coruña de 8 de marzo aparecen as bases que rexerán a convocatoria para a selección polo Concello de Miño dun/ha funcionario/a interino/a pertencente ao grupo A, subgrupo 1, escala de Administración Especial, subescala Técnica, denominación Arquitecto/a mediante o sistema de concurso-oposición libre e creación de bolsa de traballo para a mesma categoría profesional.
O prazo de presentación de instancias será de cinco (5) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no BOP.
Por último, infórmase que, conforme ao acordo adoptado pola Xunta de Goberno na súa sesión 11/2016 de 1 de setembro, o criterio colexial en relación con convocatorias públicas de ofertas de emprego, concursos ou de calquera outro tipo, será o de difundir entre os colexiados aquelas nas que estando admitidos os Arquitectos para participar se consideren de especial interese, con independencia de que o Colexio proceda a revisar os termos da convocatoria concreta, coa finalidade de interpoñer recursos ou realizar todas as xestións que considere oportunas para impugnar ou manifestar a súa desconformidade co contido das mesmas.