Concello de Cedeira: bolsa de traballo para realizar nomeamentos interinos para o posto de arquitecto/a [OFERTA PECHADA]

3 Abr 2018

No BOP-A Coruña de 3 de abril aparece a convocatoria e bases para a formación dunha bolsa de traballo para realizar nomeamentos interinos para o posto de arquitecto/a.

O prazo de presentación de solicitudes será de OITO DÍAS NATURAIS, contados dende o seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no BOP.

Enlace ao anuncio.

Por último, infórmase que, conforme ao acordo adoptado pola Xunta de Goberno na súa sesión 11/2016 do 1 de setembro, o criterio colexial en relación con convocatorias públicas de ofertas de emprego, concursos ou de calquera outro tipo, será o de difundir entre os colexiados aquelas en as que estando admitidos os Arquitectos para participar considérense de especial interese, con independencia de que o Colexio proceda a revisar os termos da convocatoria concreta, coa finalidade de interpoñer recursos ou realizar todas as xestións que considere oportunas para impugnar ou manifestar a súa desconformidade co contido das mesmas.

Compartir