No BOE de 26 de outubro aparece o anuncio do Concello de O Bolo de convocatoria para proveer varias prazas, entre as que figura unha praza de arquitecto/a.
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución.
No BOE de 30 de outubro aparece o anuncio do Concello de Allariz de convocatoria para proveer varias prazas, entre as que figura unha praza de arquitecto/a, tempo parcial 50 %, do cadro de persoal laboral fixo do Concello, para cubrir polo sistema de concurso de méritos en quenda libre (proceso extraordinario de estabilización de emprego temporal).
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución.