No BOP de A Coruña de 9 de abril publícase o Anuncio de convocatoria e bases de selección para a cobertura dunha praza de funcionario/a de carreira: arquitecto/a (OEP 020), do Concello de As Pontes de García Rodríguez.
Presentación de instancias.
As instancias, segundo modelo xeral existente na sede electrónica do concello, dirixiranse ao concello e presentaranse única e exclusivamente na sede electrónica do concello das Pontes (https://https://sede.aspontes.org/opencms/gl/), ao amparo do artigo 6.4 f) do Regulamento da administración electrónica municipal do Concello das Pontes de García Rodríguez (BOP número 44 do 08/03/2021), durante o prazo de vinte (20) días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial do Estado (BOE).
Por último, infórmase que, conforme ao acordo adoptado pola Xunta de Goberno na súa sesión 11/2016 de 1 de setembro, o criterio colexial en relación con convocatorias públicas de ofertas de emprego, concursos ou de calquera outro tipo, será o de difundir entre os colexiados aquelas nas que, estando admitidos os arquitectos para participar, se consideren de especial interese, con independencia de que o Colexio proceda a revisar os termos da convocatoria concreta, coa finalidade de interpoñer recursos ou realizar todas as xestións que considere oportunas para impugnar ou manifestar a súa desconformidade co contido das mesmas.