Concello da Estrada – Bolsa de emprego de Arquitecto/a

1 Abr 2025

No BOP-Pontevedra de 1 de abril publícase o anuncio do Concello da Estrada de Bases xerais da convocatoria de elaboración dunha bolsa de emprego para o nomeamento de funcionarios/as interinos/as do grupo a, subgrupo A1, escala A.E. (técnica) de arquitecto/a para o Departamento de Urbanismo e Obras.

O prazo para a presentación de instancias, no rexistro xeral do concello (Praza da Constitución nº1, 36680 A Estrada), de xeito telemático na Sede Electrónica do Concello da Estrada https://aestrada.sedelectronica.gal/info.0 ou por calquera dos procedementos que prevé o artigo 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro de 2015, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Pública será de 10 días naturais, contados a partir do día seguinte da publicación do texto íntegro das bases da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.

Enlace ao BOP-Pontevedra

Compartir