No Boletín Oficial da Provincia da Coruña de 6 de maio, aparece a publición do Concello de Culleredo anunciando a Convocatoria e Bases da convocatoria do proceso selectivo para a formación dunha lista de substitución de arquitecto/a (persoal funcionario interino).
O prazo para a presentación das solicitudes será de dez días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio de convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.
Infórmase que, conforme ao acordo adoptado pola Xunta de Goberno na súa sesión 11/2016 de 1 de setembro, o criterio colexial en relación con convocatorias públicas de ofertas de emprego, concursos ou de calquera outro tipo, será o de difundir entre os colexiados aquelas nas que, estando admitidos os Arquitectos para participar, se consideren de especial interese, con independencia de que o Colexio proceda a revisar os termos da convocatoria concreta, coa finalidade de interpoñer recursos ou realizar todas as xestións que considere oportunas para impugnar ou manifestar a súa desconformidade co contido das mesmas.