Enquisa de interese nos cursos de urbanismo 2020

17 xuñ 2020

O itinerario formativo en urbanismo e ordenación do territorio está formado polo Curso de Técnico Superior de Urbanismo, actualmente en desenvolvemento, e unha serie de cursos de 40h, que teñen a consideración de módulos optativos para os alumnos do Curso Superior e que á vez poden cursarse de maneira independente.

Este ano, convocarase un módulo sobre “Renovación urbana e rexeneración urbanística” e outro “Procedemento administrativo e contratación no ámbito do urbanismo”. Ademáis, convocarase un terceiro, de temática todavía sen definir.

Co obxectivo de pechar a temática deste terceiro módulo e aliñalo na maior medida posible coas vosas preferencias, e, ademáis, poder estimar o interese pola vosa parte sobre cada unha das materias propostas, pedímosvos que, antes do próximo venres 26 de xuño, os que esteades interesados en cursar algún destes módulos nolo trasladedes a través deste formulario. Moitas grazas.

[+ información e formulario de interese nos cursos de urbanismo 2020]

 

Compartir