Dende a UDC informan a tódolos interesados dun Curso de Verán a celebrar en Rianxo, co título: “De porto a porto, estratexias de rehabilitación (Rianxo)“.
Proponse nesta convocatoria o estudo da costa comprendida entre o Porto de Rianxo e o Porto de Rilo, analizando aqueles camiños paralelos á costa e perpendiculares a ela, coa súa relación cos antigos núcleos rurais. Incluíndo nesta análise a localización de muíños, petroglifos, mamoas e outros elementos do pasado, que se poidan incorporar ás novas estratexias de rehabilitación do presente.
Matrícula