A arquitecta e fotógrafa ferrolá Ana Amado expón unha mostra fotográfica sobre arquitecturas da modernidade no Museo Interactivo da Historia de Lugo.
Promovida pola Delegación de Lugo do Colexio de Arquitectos de Galicia, “Arquitecturas (re)visitadas” inaugurarase –con presentación de Ana Amado e Andrés Patiño– o vindeiro martes, 13 de decembro, ás 19:30 horas, e poderase visitar ata o mes de marzo.
A exposición recolle dúas series, unha de imaxes en branco e negro de edificios seminais da arquitectura española do século XX en Madrid, e outra con fotografías en color dos poboados de colonización que proliferaron en España a mediados do pasado século