[aprazada] Conferencia David Chipperfield. Santiago. Xoves, 30 de xuño, 19:30h

27 xuñ 2022

Aprazada. Comunicarase a nova data polos canais habituais.

O vindeiro xoves, día 30 de xuño, ás 19:30h, terá lugar no Auditorio do edificio de o Centro de Innovación Cultural (CINC) da Cidade da Cultura (Monte Gaiás, s/n. Santiago de Compostela) unha conferencia de David Chipperfield. Dita conferencia, organizada no marco da edición 2022-2023 do Curso Superior de Técnico de Urbanismo, terá unha duración aproximada dunha hora, seguida dunha quenda de preguntas.

Ao finalizar a conferencia, servirase un pincho aos asistentes.

A asistencia é exclusiva para colexiados, e as prazas asignaranse por rigorosa orde de inscrición até esgotar aforo. Para asistir, é necesaria inscrición no seguinte ENLACE.

Compartir