A profesión de arquitecto en Europa. Enquisa para oestudio do sector do ACE-CAE 2022

18 Xul 2022

O Estudo Sectorial é unha enquisa bienal encargada polo Consello de Arquitectos de Europa (ACE) e cofinanciada polo Programa Europa Creativa da Unión Europea, que recompila e analiza datos estatísticos, sociolóxicos e económicos sobre os arquitectos europeos, o mercado arquitectónico e prácticas arquitectónicas. A partir das respostas de 25.600 arquitectos de 26 países europeos, a edición 2020 do Estudo enriqueceuse con novas áreas de investigación, o que o converte, sen dúbida, no estudo máis completo sobre a profesión de arquitecto en Europa e nunha ferramenta de referencia imprescindible para todos aqueles interesados na profesión de arquitecto e a contorna construída. Máis información na seguinte LIGAZÓN

Compartir