Visita guiada – Concurso para a construción do novo “Parque Deportivo Inclusivo Porto do Molle” no concello de Nigrán (Pontevedra)

22 Out 2025

Publicada na Plataforma de Contratos Públicos de Galicia, con data 22 de outubro, a convocatoria dunha visita guiada ao emprazamento do Concurso:

Expediente: 3564/2025
Obxecto: Concurso de Proxectos en dúas fases “Parque Deportivo inclusivo Porto do Molle” con adxudicación do contrato de servizos ulterior.

EMPRAZAMENTO VISITA GUIADA
Emprázase aos licitadores interesados a unha visita guiada da zona de actuación, nos seguintes termos:
Lugar: Rúa do Xián s/n (Porto do Molle)
Data: Luns 27.10.2025
Hora: 12:00 h.
Enlace: https://goo.gl/maps/yv3b4LySoD5gnKED6?g_st=am

O Concello de Nigrán pon en marcha un concurso de proxectos en dúas fases, con xurado que se desenvolverá en dúas fases (ideas e anteproxectos), para a construción do Parque Deportivo inclusivo de Porto do Molle. O Concello de Nigrán considerou axeitada a colaboración do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia dada a súa representación da profesión do Arquitecto na comunidade galega, sendo o obxecto do concurso un ámbito de competencia da devandita profesión.

Obxecto e localización do concurso

O concurso ten por obxecto seleccionar a proposta arquitectónica máis idónea para o deseño e construción do Parque Deportivo Inclusivo no centro comercial Porto do Molle, situado no concello de Nigrán (Pontevedra). O parque incluirá os seguintes elementos:

  • Manteñer, completar e integrar a actual pista de atletismo en construción;
  • O deseño e construción dunha nova pista protexida da chuvia regulamentaria con un graderío cunha capacidade mínima para 250 espectadores sentados;
  • A integración da pista de skate existente no deseño do parque;
  • A posibilidade de incluír pistas deportivas e de lecer adicionais na parcela e;
  • A disposición de aparcadoiro dentro da parcela.

O deseño do parque realizarase baixo criterios de accesibilidade universal, de acordo coa lexislación vixente e os estudos pertinentes, segundo as especificacións técnicas destas bases (bases técnicas).

O concurso consta de dúas fases:

  • Unha primeira fase, pública, aberta, anónima a nivel de idea -de forma sinxela e inicial-, na que se seleccionarán 5 propostas, cuxos autores serán invitados a participar na segunda fase para desenvolver a súa idea proposta a nivel de anteproxecto.
  • Unha segunda fase, na que, de entre as CINCO propostas desenvolvidas a nivel de anteproxecto -en desenvolvemento da súa idea inicial-, elixirase a proposta adxudicataria, cuxo autor será adxudicatario do contrato de servizos de redacción do proxecto e dirección de obra, da actuación descrita nestas bases, polo importe dos honorarios de 206.264,31 € máis o IVE correspondente tomando como referencia os cadros establecidos no BOE do 27 de maio de 2015 relativos á Resolución do 11 de maio de 2015, sobre honorarios de redacción do proxecto e dirección técnica da Sociedade Estatal de Xestión Inmobiliaria de Patrimonio, SA, dependente do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas, entregando, en primeiro premio, 12.100 € en concepto de taxas de entrega (IVE incluído) do contrato.

Os CATRO restantes recibirán premios baremados en diferentes contías, por un importe total de 17.500,00 € (IVE incluído), do seguinte xeito:

Segundo premio: 7.500,00 € (IVE incluído)
Terceiro premio: 5.000,00 € (IVE incluído)
Primeiro accésit: 2.500,00 € (IVE incluído)
Segundo accésit: 2.500,00 € (IVE incluído)

Enlace á Plataforma de Contratación de Galicia.

Compartir