O vindeiro mércores 1 de outubro terá lugar unha presentación a profesionais por parte de Concelleiros da área e técnicos implicados na xestión do Concurso de ideas para a transformación do conector central de Santiago de Compostela.
Nela explicarase a filosofía do concurso e se aclararán as dúbidas que poidan surxir.
Aínda que a presentación está orientada a profesionais, está aberta a calquera persoa de desexe asisitir.
Data: mércores 1 de outubro.
Hora: 19:30 horas
Lugar: Sala do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia
Casa da Conga, Praza da Quintana, 1. Baixo cuberta.
