Anúnciase o fallo do Concurso de proxectos, a nivel de ideas, para a reordenación da fronte fluvial do río Miño ao seu paso pola cidade de Tui.

O xurado acordou conceder os seguintes premios:

Primeiro premio e gañador do concurso, á proposta presentada baixo o lema «Marxes Líquidas», correspondente ao equipo de Dona María Fandiño Iglesias e Dona Miriam García García.

Primeiro accésit, á proposta presentada baixo o lema «Desde la memoria al medioambiente» correspondente ao Estudio MMASA Muñiz Mas Alfaya, SLP, de D. Luciano González Alfaya e Dona Patricia Muñiz Núñez.

Segundo accésit, á proposta presentada baixo o lema «Tui… de salones y balcones», correspondente ao equipo de Dona Cristina García Fontán e D. Óscar López Alba.

Mención honorífica á proposta presentada baixo o lema «RAIA 984».

Mención honorífica á proposta presentada baixo o lema «RE-HABITAR PAISAJES».

Noraboa a todos eles.

Enlace á resolución na Plataforma de Contratación do Sector Público.