Publicado na Plataforma de Contratación del Sector Público o anuncio do Concello da Coruña do Concurso de Ideas para a rehabilitación do Mercado de Santa Lucía, cos usos prioritarios de centro de saúde e centro cívico, e o uso mercado como uso complementario.
O presente concurso ten como obxecto a selección dunha idea ou proposta que servirá de base para o desenvolvemento do futuro proxecto de rehabilitación do edificio do Mercado de Santa Lucía, situado na rúa Inés de Castro, nº 3 de A Coruña, para acoller novas dotacións e servizos públicos, i en particular para facilita-la integración dun novo centro de saúde e un centro cívico.
A proposta contemplará igualmente a intervención sobre os espazos públicos circundantes, coa fin de mellorar as súas condicións de mobilidade e deseño.
- Valor estimado do contrato : 428.539,94 EUR.
- Presuposto base de licitación (sen impostos): 37.190,08 EUR.
- Importe: 45.000 EUR.
- Prazo de Execución: 45 Días.
Premios:
- Primeiro premio: 20.000€
- Segundo premio: 15.000€
- Dous Accésit de 5.000€ cada un.
Data fin de presentación de oferta: 03/04/2023 23:59