Concurso de ideas con intervención de xurado para mellorar as condicións de urbanización da Praza do Barreiro no Concello de As Pontes de García Rodríguez

15 Set 2021

O Concello das Pontes de García Rodríguez está interesado en convocar un concurso de proxectos para remodelar o espazo público delimitado por edificios de vivendas sociais no Poblado do Barreiro, así como as súas prazas adxacentes, coñecidas como Praza do Barreiro. Comprende un ámbito de actuación libre de edificios, incluíndo os seus viais interiores duns 7.900 m2.

Para tal efecto e o 5 de abril de 2019 e modificado o 21 de xuño de 2021, o concello das Pontes de García Rodríguez e o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, asinaron un convenio co fin de abrir a convocatoria dun concurso de proxectos, con a intervención dun xurado para a mellora das condicións de urbanización da devandita zona.

Isto fai posible que o concello das Pontes convoque este concurso, co fin de acadar a mellor calidade e maior participación, para coñecer mediante un xurado e propoñer a solución óptima para o mencionado propósito, co apoio do Oficina do Concurso do Colexio de Arquitectos de Galicia nas súas tarefas organizativas.

Observacións: Non hai un prazo de execución en sí, xa que se trata da presentación de ofertas para un concurso de ideas. O prazo de presentación de ofertas remata o 02/11/2021.

Pode accederse ao anuncio a través do seguinte enlace:

https://contrataciondelestado.es/wps/wcm/connect/9e1e74c5-5e3d-40e2-890f-0fc0b1665429/DOC_CN2021-257578.html?MOD=AJPERES

Compartir