EQUIPOS SELECCIONADOS E PUNTUACIÓN ACADADA
Xúntase a relación de equipos seleccionados e cadro de puntuación neste enlace:
ENTIDADE CONVOCANTE
O Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia en virtude do convenio de colaboración suscrito co Instituto de Estudos do Territorio da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio da Xunta de Galicia.
OBXECTO DO CONCURSO
O presente concurso ten por obxecto a contratación de seis equipos para a redacción de seis guías técnicas coas pautas para o emprego da cor e os materiais de revestimentos arquitectónicos nas paisaxes urbanas e rururbanas das doce Grandes Áreas Paisaxísticas de Galicia.
As guías a elaborar serán as seguintes:
- 4 que abarcaran unha área A e unha área B
- 2 que se cinguirán a dúas áreas B cada un.
Sendo ás áreas as seguintes:
- Áreas A: Rías Baixas, Golfo Ártabro, Galicia Central e Chairas e Fosas Luguesas.
- Áreas B: Serras Orientais, Serras Surorientais, Chairas, Fosas e Serras Ourensás, Ribeiras Encaixadas do Miño e do Sil, Costa Sur- Baixo Miño, Chairas e Fosas Occidentais, Galicia Setentrional; A Mariña-Baixo Eo.
IMPORTE DOS CONTRATOS
- Guía que abarque unha área A e unha área B: 25.000 + IVE €/contrato
- Guía que abarque dúas áreas B: 15.000 + IVE €/contrato
REQUIRIMENTOS DOS EQUIPOS PARTICIPANTES
Cada equipo estará composto polo menos por tres arquitectos, que deberán cumprir e acreditar documentalmente os seguintes requisitos a data de finalización do prazo da convocatoria:
- Non estar inhabilitados para o exercicio da profesión
- Non estar suspendido por ningunha das causas descritas nos Estatutos colexiais.
- Estar o corrente do pago das súas obrigacións colexiais.
- Estar ao corrente das obrigas coa Axencia Estatal Tributaria, coa Seguridade Social e coa Xunta de Galicia.
- Dispoñer de seguro de responsabilidade civil.
- Dispoñer de capacidade de persoal que pida auxiliar os labores contratados.
INCOMPATIBILIDADES
En virtude do previsto nas normas deontolóxicas da profesión (aprobadas pola Asamblea General de Juntas de Gobierno de los Colegios de Arquitectos en sesión de 7 e 8 de maio de 1971 e revisado na de 22 de novembro, última modificación de 28 de novembro de 2003), e concordantes non poderán concorrer as persoas que teñan intervido na redacción das bases do presente concurso, administrativas e/ou de especificacións técnicas ou calquera documento preparatorio así como ningunha das persoas ás que se estenda a relación de incompatibilidade, isto é, os seus colaboradores e os compañeiros a el asociados así como as persoas que teñan con el relación de consanguinidade dentro do cuarto grado ou de afinidade dentro do segundo.
PRAZO E FORMA DE PRESENTACIÓN DAS PROPOSTAS.
A documentación presentada por cada un dos equipos que conteña o modelo de solicitude de participación xunto co resto da documentación relacionada no apartado D, achegarase nun DVD, USB ou soporte similar.
A entrega farase de forma presencial en calquera das oficinas do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (Sede ou Delegacións) ou por correo postal ou mensaxería á Sede Colexial (Praza da Quintana,nº 1, 2º C.P. 15.704 – Santiago de Compostela). Para calquera das modalidades, as propostas deberán estar presentadas nas oficinas colexiais con data límite o día 8 de xullo, ás 14:00 h.
Consultas e documentación
Consultas: concurso.paisaxes@colexiodearquitectos.org
Documentación: