Concurso de ideas con intervención de xurado para adaptación do complexo do antigo Hospital Xeral como futura Cidade da Xustiza de Vigo
[idioma] ES | GL
LISTA DOS PREMIADOS …
1º Premio e Gañador do concurso: Alfonso Penela Fernández
2º Premio: José Manuel Casabella López
3º Premio: Irisarri-Piñera, SLNEP / María del Pilar González Ferro / Jordi Castro Andrade / Paula Lago Pereira / Joana Covelo Alonso
1º Accésit: Jacobo Bouzada Jaureguízar
2º Accésit: Muñiz Mas Alfaya, SLP
3º Accésit: Juan Moya Moreno
URXENTE Requirimento CD …
Acta 1a reunión do Xurado …
Convocatoria 1a reunión do Xurado …
Composición definitiva do Xurado …
Acta Candidaturas e apertura sobres C …
Información xeral
Forma de presentación
Os traballos presentaranse baixo LEMA (cinco letras e tres díxitos), que deberá figurar en tódolos documentos de maneira que estos se manteñan anónimos hasta que se produza a adxudicación dos premios.
Premios
Gañador do concurso e Primeiro premio | 70.000 € |
Segundo premio | 40.000 € |
Terceiro premio | 30.000 € |
Primeiro accésit | 15.000 € |
Segundo accésit | 11.000 € |
Terceiro accésit | 11.000 € |
O importe destes premios inclúe o 21% de IVE.
Outórgase ao gañador o dereito de optar á adxudicación, polo procedemento negociado previsto no artigo 174 d) do TRLCSP e como único invitado, dun contrato consistente na redacción do proxecto básico e de execución (incluído o estudo de seguridade e saúde, o estudo de xestión de residuos, a certificación enerxética e o proxecto de telecomunicacións) en misión completa, o que inclúe asumir as funcións de proxectista e director de obra conforme define a Lei 38/1999, de ordenación da edificación. O importe do premio en metálico percibido polo gañador do concurso terá a condición de abono a conta dos honorarios de redacción do devandito proxecto e a dirección de obra, sempre que lle sexa adxudicada a súa redacción polo citado procedemento.
O importe máximo previsto para o contrato de redacción do proxecto que se derive do presente concurso e a dirección de obra, en concepto de honorarios, será de 860.000 euros, IVE incluído.
Xurado
Vogais:
- O director xeral de Xustiza da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.
- A secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.
- O xefe de servizo de obras e proxectos (arquitecto) da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.
- Un arquitecto proposto polo Concello de Vigo.
- Un arquitecto elixido a proposta dos concursantes.
- Tres arquitectos en representación do COAG.
- Un representante da Intervención Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.
- Un representante da Asesoría Xurídica Xeral da Xunta de Galicia.
Secretaria:
- Actuará como secretaria, con voz e sen voto, a persoa titular da Subdirección Xeral de Xestión Económico-Administrativa da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.
Prazo
O prazo de entrega de propostas acaba o martes 14/06/2016 ás 14:00.
Presentación
As propostas entregaranse necesariamente na oficina do Rexistro Xeral e de Información á Cidadanía da Xunta de Galicia, situado no Complexo Administrativo de San Caetano, en Santiago de Compostela e irán dirixidos a:
Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.
Secretaría Xeral Técnica
Complexo Administrativo San Caetano, bloque 1 – 1º piso
15781 – Santiago de Compostela
Recursos
De conformidade coa Resolución do 18 de novembro de 2013, da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio, pola que se dispón a publicación do convenio de colaboración entre o Ministerio de Facenda e Administracións Públicas e a Comunidade Autónoma de Galicia sobre atribución de competencia de recursos contractuais (DOG nº 255, do 25 de novembro), a competencia para a tramitación e resolución dos recursos especiais en materia de contratación, solicitudes de adopción de medidas provisionais e cuestións de nulidade dos actos do procedemento de adxudicación e contratos a que se refiren os artigos 40.1, 43 e 37 do TRLCSP, corresponderá ao Tribunal Administrativo Central de Recursos Contractuais, con sede na avenida Xeral Perón, 38 28020 Madrid, e dirección electrónica: tribunalcontratos.gob.es
Visitas
Coa finalidade de que aqueles participantes que o desexen poidan ter un coñecemento axeitado das edificacións obxecto da intervención plantexada no concurso, o COAG organiza dúas visitas guiadas nas que, acompañados por un arquitecto da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, un arquitecto da Consellería de Sanidade e un Arquitecto do COAG, realizarase un percorrido polo interior dos edificios.
Para poder asistir ás visitas guiadas, é necesario formalizar a inscrición nos enlaces correspondentes a cada unha das datas programadas.
Documentación
(Esta documentación poderá completarse ó largo do tiempo)
Prego en galego | en castelán
Planos pdf
Planos dwg
Escolma de planos das últimas obras senlleiras
Anuncios DO:
– DOG en galego | en castelán
– BOE
– DOUE
Consultas
Calquera consulta que se necesite efectuar por parte dos concursantes tras a recepción da devandita documentación, e antes da finalización do prazo de presentación de solicitudes, poderá ser remitida á seguinte dirección de correo electrónico: secretaria.cpapx@xunta.es. Esta información e a dirección electrónica aparecerá tamén na páxina web del COAG.
Respostas ás consultas realizadas ata o 22.04.2016
Respostas ás consultas realizadas ata o 25.04.2016
Resposta a consulta realizada o 29.04.2016
Respostas a consultas realizadas o 01.05.2016
Respostas a consultas realizadas o 09.05.2016
Respostas a consultas realizadas o 12.05.2016
Respostas a consultas realizadas o 16.05.2016
Respostas a consultas realizadas o 17.05.2016
Respostas a consultas realizadas o 25.05.2016
Respostas a consultas realizadas o 30.05.2016
Respostas a consultas realizadas o 31.05.2016
Respostas a consultas realizadas o 01.06.2016
Respostas a consultas realizadas o 03.06.2016
Respostas a consultas realizadas o 06.06.2016
Respostas a consultas realizadas o 06.06.2016
Respostas a consultas realizadas o 07.06.2016
Respostas a consultas realizadas o 13.06.2016