Os motivos do recurso centráronse en dúas cuestións dos criterios de adxudicación:
-
A valoración, como criterio de adxudicación, “estar en posesión o/a técnico/a redactor/a do proxecto do certificado de ter superado o curso sobre o espazo público que capacita como técnico ágora, impartido pola facultade ágora da deputación provincial de pontevedra”, entendendo o COAG que dito curso ou título, ademais de non ser ningunha titulación académica ou profesional de carácter oficial, é absolutamente discriminatorio e contrario ao principio de igualdade xa que se está a valorar unha formación específica impartida por unha entidade específica e non se están a valorar como criterios de adxudicación calquera outro título ou a asistencia a calquera outro curso impartidos por entidades distintas da Deputación de Pontevedra que ofreza uns coñecementos análogos o que supón unha restrición inxustificada á liberdade de acceso ás licitacións.
-
A valoración como criterio de adxudicación de certas melloras no entendemento de que distorsionan o prezo do contrato.