O COAG presentara recurso de reposición en vía administrativa, sendo os principáis motivos de impugnación, os criterios de solvencia técnica na medida en que os pregos dispoñían que as funcións obxecto do contrato podían ser executadas indistintamente e en termos de igualdade por un Arquitecto ou por un Arquitecto Técnico. En opinión do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia dita previsión contida na cláusula 11.1 g) non respecta e vulnera a lexislación sobre as atribucións profesionais e a xurisprudencia ditada na medida en que, como se argumenta no recurso, os Aparelladores e Arquitectos Técnicos carecen de competencias para executar moitas das funcións incluídas no obxecto do contrato e outras poderían realizalas pero con limitacións.
Desestimado o recurso administrativo polo concello, o COAG presentou recurso contencioso administrativo.