Estima o recurso contencioso administrativo interposto polo Consello Galego de Colexios de Aparelladores e Arquitectos Técnicos contra a resolución da Alcaldía do Concello de Rábade de 27/02/2018 pola que se aproba o expediente de contratación do servizo de asistencia técnico urbanística ao Concello de Rábade, no que se esixía como solvencia técnica a titulación profesional de Arquitecto. O COAG interveu como co-demandado en defensa das competencias da profesión.