Rehabilitación de vivienda unifamiliar. Noia

21 Abr 2014

Álvaro Marín+Alfonso Castro

A Barro_House nace como unha resposta sinxela a un ámbito con carácter e unhas impresionantes vistas sobre a ría de Noia. Unha fachada sinxela pero rotunda nace coa vontade de dar unha resposta actual pero integradora, impregnándose da frescura das construcións do lugar.

La Barro_House nace como una respuesta sencilla a un entorno con carácter y unas impresionantes vistas sobre la ría de Noia. Una fachada sencilla pero rotunda nace con la voluntad de dar una respuesta actual pero integradora, impregnándose de la frescura de las construcciones del lugar.

Obra
Barro_House. Rehabilitación de vivienda unifamiliar

Situación
Rúa Zapateira 17. Barro. Noia – A Coruña – Galicia – España

Arquitectos
2es+ oficina de arquitectura. Álvaro Marín Durán (3249), Alfonso Castro Lorenzo (3932)

Colaboradores
Julio Jorge Durán

Año
2011

A vivenda encóntrase situada no barrio de Barro, dentro da Vila de Noia. Un lugar de orixe mariñeira con vivendas de construción humilde. No centro do barrio, diante da praza e mirando á ría de Noia encóntrase a parcela obxecto do proxecto.

Situada entre medianeiras, na fachada principal dous grandes ocos descentrados proporcionan un interesante xogo de contrastes. En planta baixa un gran portalón de aceiro galvanizado ofrécenos a súa cara máis “dura” protexendo o interior da vivenda do seu ámbito máis inmediato facendo uso dun material moi común na zona para o cerramento de portalóns e peches. Na planta primeira, un grande oco abre o a vivenda cara á ría, un caixón de aceiro galvanizado en quente enmarca o oco e serve de protección solar. A planta baixo cuberta atrásase uns metros xerando unha gran terraza á que se abre o dormitorio principal da vivenda a través dun gran ventanal; no exterior unhas persianas venecianas de aluminio serven de protección solar e da intimidade segundo as necesidades.

La vivienda se encuentra situada en el barrio de Barro, dentro de la Villa de Noia. Un lugar de origen marinero con viviendas de construcción humilde. En el centro del barrio, delante de la plaza y mirando a la ría de Noia se encuentra la parcela objeto del proyecto.

Situada entre medianeras, en la fachada principal dos grandes huecos descentrados proporcionan un interesante juego de contrastes. En planta baja un gran portalón de acero galvanizado nos ofrece su cara más “dura” protegiendo el interior de la vivienda de su entorno más inmediato haciendo uso de un material muy común en la zona para el cerramiento de portalones y cierres. En la planta primera, un gran hueco abre el la vivienda hacia la ría, un cajón de acero galvanizado en caliente enmarca el hueco y sirve de protección solar. La planta bajo cubierta se retrasa unos metros generando una gran terraza a la que se abre el dormitorio principal de la vivienda a través de un gran ventanal; en el exterior unas persianas venecianas de aluminio sirven de protección solar y de la intimidad según las necesidades.

0064 rehabilitacion vivienda noia 02

A fachada posterior da vivenda ábrese cara a un patio interior completamente pintado de branco no que o sol da mañá rebota e inunda de luz natural; como contrapunto unha pequena laranxeira humaniza o espazo.

Con apenas 50m² útiles por planta e unha xeometría moi particular (os muros medianeiros posúen unha inclinación con respecto á fachada duns 70°), a escaleira posiciónase na vivenda como elemento ordenador e xerador dos espazos. Paralela á fachada, a escaleira organiza a planta de xeito sinxela e natural deixando as estanzas principais cara á fachada principal e as secundarias cara ao patio posterior.

La fachada posterior de la vivienda se abre hacia un patio interior completamente pintado de blanco en el que el sol de la mañana rebota e inunda de luz natural; como contrapunto un pequeño naranjo humaniza el espacio.

Con apenas 50m2 útiles por planta y una geometría muy particular (los muros medianeros poseen una inclinación con respecto a la fachada de unos 70°), la escalera se posiciona en la vivienda como elemento ordenador y generador de los espacios. Paralela a la fachada, la escalera organiza la planta de manera sencilla y natural dejando las estancias principales hacia la fachada principal y las secundarias hacia el patio posterior.

0064 rehabilitacion vivienda noia 07

Na planta baixa, tras o acceso, asoma a escaleira un dos seus chanzos suxerindo o seu ascenso; tras ela un estudo aberto ao patio e unha pequena laranxeira. En planta primeira, a estanza principal da casa (cociña-salón-comedor) ábrese cara ao exterior a través do gran ventanal; o cuarto secundario e un baño fano cara ao patio posterior. Na planta baixo cuberta, o cuarto principal ábrese cara ás vistas a través dun gran ventanal e unha terraza, tras ela o baño e o vestidor. Un oco establece un interesante xogo de visións entre o corredor e a escaleira e unha ventá na cuberta ilumina cenitalmente esta escaleira.

En la planta baja, tras el acceso, asoma la escalera uno de sus peldaños sugiriendo su ascenso; tras ella un estudio abierto al patio y un pequeño naranjo. En planta primera, la estancia principal de la casa (cocina-salón-comedor) se abre hacia el exterior a través del gran ventanal; la habitación secundaria y un baño lo hacen hacia el patio posterior. En la planta bajo cubierta, la habitación principal se abre hacia las vistas a través de un gran ventanal y una terraza, tras ella el baño y el vestidor. Un hueco establece un interesante juego de visiones entre el pasillo y la escalera y una ventana en la cubierta ilumina cenitalmente esta escalera.

memoria, planos y fotografías – Álvaro Marín+Alfonso Castro

0064 rehabilitacion vivienda noia 09

Premios
2013| Candidatura XV Premios COAG. Categoría VIVIENDA (Santiago de Compostela)

Compartir