Un cubo que funcione. A arquitectura de Alejandro de la Sota. Taller de arquitectura Centro Galego de Arte Contemporánea

6 xuñ 2014

Até o vindeiro 15 de xuño, o CGAC acolle a exposición 100 anos con  Alejandro de la Sota, na que se reflexiona sobre a figura, a obra e a  actualidade do legado deste mestre da arquitectura contemporánea española. Como complemento á exposición, o CGAC organiza un taller co obxectivo de achegar os participantes ao mundo da arquitectura e, máis concretamente, á obra do arquitecto galego a partir dunha das súas obras máis coñecidas, o Goberno Civil de Tarragona.

As construcións faranse a partir do Sistema Lupo, un sistema modular patentado polo arquitecto Fermín Blanco, que consiste nun conxunto de pezas básicas con formas e dimensións que permiten múltiples posibilidades de combinacións, formas, proporcións, xogos de equilibrio e estratexias de acción.

Destinatarios
Nenos de entre 7 e 11 anos
Datas e horario
Sábado, 14 de xuño
Taller 1: 11:30 – 13:30 h
Taller 2: 17:00 – 19:00 h
Domingo, 15 de xuño
Taller 3: 11:30 – 13:30 h
Imparte: Santiago Chenlo
Coordina: Gema Baños
Colaboración co arquitecto Fermín Blanco e co COAG

Máis información e inscripcións aquí

Un cubo que funcione. La arquitectura de Alejandro de la Sota. Taller de arquitectura Centro Galego de Arte Contemporánea

Hasta el próximo 15 de junio, el CGAC acoge la exposición 100 años con Alejandro de la Sota, en la que se reflexiona sobre la figura, la obra y la actualidad del legado de este maestro de la arquitectura contemporánea española. Como complemento a la exposición, el CGAC organiza un taller con el objetivo de acercar a los participantes al mundo de la arquitectura y, más concretamente, a la obra del arquitecto gallego a partir de una de sus obras más conocidas, el Gobierno Civil de Tarragona.
Las construcciones se harán a partir del Sistema Lupo, un sistema modular patentado por el arquitecto Fermín Blanco, que consiste en un conjunto de piezas básicas con formas y dimensiones que permiten
múltiples posibilidades de combinaciones, formas, proporciones, juegos de equilibrio y estrategias de acción.

Destinatarios
Nenos de entre 7 e 11 anos
Fechas y horario
Sábado, 14 de junio
Taller 1: 11:30 – 13:30 h
Taller 2: 17:00 – 19:00 h
Domingo, 15 de junio
Taller 3: 11:30 – 13:30 h
Imparte: Santiago Chenlo
Coordina: Gema Baños
Colaboración con arquitecto Fermín Blanco e con el COAG

Más información e inscripciones aquí

 

 

 

 

Compartir