Últimos días para a presentación de candidaturas aos Premios “Gran de Area 2020”

9 Set 2020

Infórmase de que o próximo día 17 de setembro, ás 14,00 horas, rematará o prazo para a presentación das candidaturas aos premios «Gran de Area 2020», na plataforma online de xestión de premios da web colexial.

As Delegacións de Ourense, Pontevedra e Vigo convocan unha nova edición dos Premios “Gran de Area”, que supoñen un recoñecemento a ARQUITECTOS e PROMOTORES, ademais doutros axentes participantes no proceso edificatorio, pola súa labor, necesariamente conxunta, para obter unha obra arquitectónica de calidade.

As bases poderanse consultar no seguinte ENLACE

A presentación das candidaturas deberá realizarse a través de: http://www.coag.es/premioscoag/candidaturas

Compartir