Taboleiro de anuncios na web colexial

8 Mar 2023

A petición de varios colexiados, a Xunta de Goberno determinou habilitar un Taboleiro de anuncios na web colexial, no que se recollerán as achegas dos colexiados interesados en procurar servizos, colaboracións ou outro tipo de peticions, para as que precisen contactar con outros arquitectos.

A Xunta de Goberno considera que, nun mundo tan dixital será unha forma de facer que o Colexio siga sendo un punto de encuntro e sinerxias entre compañeiros.

As condicións para solicitar a publicación no Taboleiro de anuncios son:

  • Estar colexiado e atoparse ao corrente de pagos e en plenitude dos seus dereitos como colexiado, xa sexa como persoa física ou mediante unha sociedade profesional inscrita no COAG.
  • Non se admitirán peticións que xa teñan outra canle definida (ofertas de emprego, acceso a información sobre documentación tramitada no COAG)
  • As solicitudes realizaranse na plataforma de servizos colexial, no seguinte ENLACE.
  • Recibida unha solicitude a Secretaría colexial procederá á súa revisión determinando se procede ou non a súa publicación, se é preciso que se completen os datos da mesma.

En caso de querer realizar calquera consulta ao respecto deste asunto, poderanse achegar na plataforma de servizos colexial.

Compartir