Resultados Enquisa aos arquitectos sobre os efectos do COVID-19

0
Posted by / 27 abril 2020 / Categories: Activa, coag, Covid19, CSCAE, Publicada en Portada / -

Xa están dispoñibles os resultados da enquisa realizada polo CSCAE en relación coa incidencia da crise do coronavirus COVID-19 no exercicio profesional. Na sondaxe, destinada a medir o impacto do COVID-19 entre os profesionais da arquitectura, tanto a nivel laboral como persoal, participaron un total de 5.138 profesionais, dos cales 190 foron arquitectos e arquitectas galegas.

Coa declaración do estado de alarma, os profesionais galegos viron diminuída a súa carga de traballo nun 55%, ben por peche de obras ou cancelacións de proxectos relacionados coas dificultades para facer compatibles as obras coas medidas de seguridade establecidas polas autoridades sanitarias, para garantir a saúde dos traballadores e da cidadanía e evitar a propagación da pandemia. Ademais, nestas semanas de paralización da actividade, un 76% dos arquitectos sufriu unha caída de novos encargos, o que supuxo unha redución estimada da súa facturación dun 44%. Para o resto do ano, o colectivo prevé unha baixada do 50% nos novos encargos.

A perda de ingresos pola paralización e/ou a ralentización da actividade produtiva que está sufrindo o sector é xeneralizada entre os arquitectos galegos, un colectivo composto nun 87% por profesionais autónomos que, como reflicte a enquisa, traballa nun despacho unipersoal (un 51,58%) ou con máis dunha persoa (un 35,79%).

RESULTADOS GALICIA

RESULTADOS ESPAÑA


Resultado Encuesta a los arquitectos sobre los efectos del COVID-19

Ya están disponibles los resultados de la encuesta realizada por el CSCAE en relación con la incidencia de la crisis del coronavirus COVID-19 en el ejercicio profesional. En el sondeo, destinado a medir el impacto del COVID-19 entre los profesionales de la arquitectura, tanto a nivel laboral como personal, participaron un total de 5.138 profesionales, de los cuales 190 fueron arquitectos y arquitectas gallegas.

Con la declaración del estado de alarma, los profesionales gallegos vieron disminuida su carga de trabajo en un 55%, bien por cierre de obras o cancelaciones de proyectos relacionados con las dificultades para hacer compatibles las obras con las medidas de seguridad establecidas por las autoridades sanitarias, para garantizar la salud de los trabajadores y de la ciudadanía y evitar la propagación de la pandemia. Además, en estas semanas de paralización de la actividad, un 76% de los arquitectos sufrió una caída de nuevos encargos, lo que supuso una reducción estimada de su facturación de un 44%. Para el resto del año, el colectivo prevé una bajada del 50% en los nuevos encargos.

La pérdida de ingresos por la paralización y/o la ralentización de la actividad productiva que está sufriendo el sector es generalizada entre los arquitectos gallegos, un colectivo compuesto en un 87% por profesionales autónomos que, como refleja la encuesta, trabaja en un despacho unipersonal (un 51,58%) o con más de una persona (un 35,79%).

RESULTADOS GALICIA

RESULTADOS ESPAÑA

About the author

Comentarios pechados.

Visit Us On FacebookVisit Us On TwitterVisit Us On InstagramVisit Us On Youtube