Está dispoñible o resultado da XX edición dos Premios COAG de Arquitectura, que recoñecen as mellores obras da arquitectura galega, visadas e executadas no ámbito territorial do Colexio de Arquitectos no último bienio, período correspondente a obras acabadas entre o 1 de outubro do 2020 e o 30 de setembro do 2022. Nesta vixésima edición presentáronse ao certame 224 obras. O Premio á Traxectoria Profesional recaeu na arquitecta Dona Pascuala Campos de Michelena.
O xurado valorou a calidade das propostas, o enorme esforzo e o nivel de reflexión sobre a vivenda e a cidade dos arquitectos de Galicia, así como a ampla participación de colexiados mozos e o gran número de mulleres en solitario que presentaron candidaturas na presente convocatoria.
O xurado seleccionou 6 obras na categoría de Residencial de Nova Planta. Vivenda Unifamiliar, 2 obras en Residencial de Nova Planta. Vivenda Colectiva, 5 en Outros Edificios de Nova Planta, 6 en Obras de Restauración e Rehabilitación, 4 en Obras de Interiorismo, 3 en Arquitecturas Efémeras e Deseño, 3 en Deseño de Espazos Urbanos, Xardinería e Paisaxismo, 4 en Divulgación e Investigación, e 5 en Proxecto Fin de Carreira.
PREMIADOS DA XX EDICIÓN DOS PREMIOS COAG
RESIDENCIAL DE NOVA PLANTA. VIVENDA UNIFAMILIAR
Casa Tomada
Rúa Tomada-Navia. Parcela 10. Vigo
María Pilar González Ferro e Jordi Castro Andrade
RESIDENCIAL DE NOVA PLANTA. VIVENDA COLECTIVA
Tres edificios para 125 vivendas, prazas de garaxe e rocho
Rúa Manuel Beiras 5. Santiago de Compostela
Manuel Carbajo Capeáns e Celso Barrios Ceide
OUTROS EDIFICIOS DE NOVA PLANTA
Biblioteca Municipal de Nigrán
Estrada pola Vía, nº 120, Vilameán. Nigrán
Lucas Gándara Álvarez e Juan Pons Herrera
OBRAS DE RESTAURACIÓN E REHABILITACIÓN
Rehabilitación de edificio para o Centro Galego de Innovación da Formación Profesional
Rúa Ramón Abellas, 4. Ourense
Alexandra Estefanía Vázquez Müller, Roi Feijoo Rey e Santiago García Camacho
OBRAS DE INTERIORISMO
Ferraxería
Rúa Costanilla Tapia, 42. Cambre
Ignacio Vicente Reigada Cordido e Susana Vázquez Pérez
ARQUITECTURAS EFÉMERAS E DESEÑO
Exposición “Paisaxes incultas. A metamorfose do monte galego”
Torres Hejduk, Cidade da Cultura. Santiago de Compostela
Cristina García Fontán
PLANEAMENTO URBANÍSTICO
Proxecto piloto de “Rúa Azul”: Rúa peonil e ciclable de conexión interurbana
Concellos de Moaña e Cangas (intervención supramunicipal)
Diego Germade Castelo e Martín Barreiro Cruz
DESEÑO DE ESPAZOS URBANOS, XARDINERÍA E PAISAXISMO
Ex aequo:
Rampa – chegada do Camiño Francés a Santiago
Rúa do Gozo. Santiago de Compostela
Juan José Creus Andrade e Covadonga Carrasco López
Acondicionamento dos espazos públicos da Explanada do Horizonte
Portecelo. O Rosal
María Fandiño Iglesias
DIVULGACIÓN E INVESTIGACIÓN
Ex aequo:
Manual de construción para miniarquitectos
Nuria Prieto González
VAD06, Veredes, arquitectura e divulgación As Precursoras
Silvia Blanco Agüeira
PROXECTO FIN DE CARREIRA
Faber | ludens. Vector lúdico-loxístico no borde litoral
Alejandro Vázquez Correa
Acceder a obras presentadas
Gravación da gala de entrega dos XX Premios COAG
Debe aceptar as cookies de YouTube para ver este video.
Aceptando, vostede accederá ao contido de YouTube, un servizo prestado por unha empresa externa.
Política de privacidade de YouTube
Si vostede acepta, a súa eleccción será gardada e a páxina se refrescará.