Infórmase que a Xunta de Goberno, na súa sesión 11/2021 de 2 de decembro, adoptou o acordo de aprobar a proposta da secretaría de reorganización de servizos colexiais durante o Nadal 2021-2022. Conforme ao devandito acordo, informase que todas as oficinas colexiais pecharán o 24 e o 31 de decembro, así mesmo, entre o 27 de decembro de 2021 e o 7 de xaneiro de 2022, establecese reordenación temporal de determinados servizos colexiais.
Neste sentido, a ATENCIÓN PRESENCIAL DAS OFICINAS COLEXIAIS, realizarase conforme ás seguintes indicacións:
- A ATENCIÓN PRESENCIAL REALIZARASE PREFERENTEMENTE CON CITA PREVIA CONCERTADA.
- A delegación de Ourense: pecha os días 27, 28 e 30 de decembro. A delegación abriría o día 29 de decembro.
- A delegación de Pontevedra: pecha os días 27, 29 e o 30 de decembro e o 3, 4 e 7 de xaneiro. A delegación abriría os días 28 de decembro e 4 de xaneiro.
- A delegación de Ferrol: permanecerá pechada do 27 de decembro ao 5 de xaneiro (ambos inclusive)*
- A Sede colexial e delegación de Santiago: pechan os días 28 e 30 de decembro e 4 e 7 de xaneiro. Ditas oficinas abrirían os días 27 e 29 de decembro e o 3 e o 5 de xaneiro.
Por outra parte, determinouse suspender os servizos de Biblioteca do 24 de decembro ao 7 de xaneiro (ambos inclusive).
Por último, lembrar a recomendación de contactar co COAG a través da plataforma de consultas.
*actualizado a 16/12/2021.